Peep Show
A tentación de sentirnos obxectos, obxecto de desexo. A necesidade de someter á outra, ao outro, ou de someternos nós mesmos, aos demais e ás nosas propias ansias. A atracción fatal por escapulirnos do imperio da razón, para caer nas marxes. Ceder ás tentacións máis libidinosas e penetrar no prohibido. Porque, ás veces, a utopía da felicidade semella realizarse cando podemos abrir as portas pechas, cando somos honestos cos nosos instintos e cedemos á práctica de praceres insólitos.

Que é o que nos excita? A intimidade allea, o reality show, o peep show, o voyeurismo? A acción que deseña Jacobo Paz sitúanos na diverxencia dunha percepción entre morbosa e divertida. O estilo sumamente áxil dos diálogos e a construción de situacións rocambolescas son ingredientes fundamentais da obra que nos ofrece esta nova voz da dramaturxia galega contemporánea. Unha dramaturxia que non renuncia á creación de ficción, de personaxes e de acción, recollendo con mestría os procedementos tradicionais da forma dramática, pero que achega unha inmediatez e un estilo moi directo e desenfadado próximo ao do medio televisivo. Sen dúbida, Jacobo Paz, sabe xogar coa forma dramática e consegue algo que non é nada doado: entreter, divertir, abraiar. Eis o teatro como peep show e nós como cómplices dilectos.

Do prólogo de Afonso Becerra de Becerreá
"1145595907"

12.0 In Stock
Peep Show

Peep Show

Peep Show

Peep Show

Paperback

$12.00 
  • SHIP THIS ITEM
    Qualifies for Free Shipping
  • PICK UP IN STORE
    Check Availability at Nearby Stores

Related collections and offers

Overview

A tentación de sentirnos obxectos, obxecto de desexo. A necesidade de someter á outra, ao outro, ou de someternos nós mesmos, aos demais e ás nosas propias ansias. A atracción fatal por escapulirnos do imperio da razón, para caer nas marxes. Ceder ás tentacións máis libidinosas e penetrar no prohibido. Porque, ás veces, a utopía da felicidade semella realizarse cando podemos abrir as portas pechas, cando somos honestos cos nosos instintos e cedemos á práctica de praceres insólitos.

Que é o que nos excita? A intimidade allea, o reality show, o peep show, o voyeurismo? A acción que deseña Jacobo Paz sitúanos na diverxencia dunha percepción entre morbosa e divertida. O estilo sumamente áxil dos diálogos e a construción de situacións rocambolescas son ingredientes fundamentais da obra que nos ofrece esta nova voz da dramaturxia galega contemporánea. Unha dramaturxia que non renuncia á creación de ficción, de personaxes e de acción, recollendo con mestría os procedementos tradicionais da forma dramática, pero que achega unha inmediatez e un estilo moi directo e desenfadado próximo ao do medio televisivo. Sen dúbida, Jacobo Paz, sabe xogar coa forma dramática e consegue algo que non é nada doado: entreter, divertir, abraiar. Eis o teatro como peep show e nós como cómplices dilectos.

Do prólogo de Afonso Becerra de Becerreá

Product Details

ISBN-13: 9781522914341
Publisher: CreateSpace Publishing
Publication date: 03/07/2016
Pages: 108
Product dimensions: 5.00(w) x 7.99(h) x 0.22(d)
Language: Galician

About the Author

Jacobo Paz Limia (A Coruña, 1979) creador e guionista da serie "Casa Manola" de Televisión de Galicia. Tamén escribiu noutras ficcións de TVG, como a popular comedia "Pratos combinados" ou "As leis de Celavella", un thriller de época polo que recibiu o Premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. Participou no desenvolvemento dunha serie de ficción para Mediaset España e na actualidade traballa na escrita de longametraxes e películas para televisión. Foi redactor e guionista do programa de cámaras ocultas a nenos "E agora que?" e do reality show "O gran camiño". Tamén desenvolveu numerosos formatos para programas de televisión; como "Sobre rodas", do que se emitiron tres temporadas en Vtelevisión, ou "Maniotas", unha produción de Filmax para TVG. Director e guionista de diversos documentais de difusión cultural. Entre os seus traballos de non-ficción destaca a escrita de "Galicia Caníbal", para Televisión Española e seleccionado polo Beefeater In-Edit Festival. Como autor teatral foi contratado polo Centro Dramático Galego e traballou na creación do espectáculo "Estigma". Na actualidade, entre pezas publicadas e representadas, a súa obra dramática supera os trinta títulos. "Peep Show" foi publicado pola Revista Galega de Teatro en 2007.
From the B&N Reads Blog

Customer Reviews