Contos a carón da lareira

Contos a carón da lareira

by David Vázquez
Contos a carón da lareira

Contos a carón da lareira

by David Vázquez

eBook

$4.99 

Available on Compatible NOOK Devices and the free NOOK Apps.
WANT A NOOK?  Explore Now

Related collections and offers

LEND ME® See Details

Overview

Na nosa aldea, Arcos de Valdeorras, como en tantos centos delas do noso país, a cociña da casa converteuse desde a antigüidade no centro de reunión dos veciños e veciñas máis próximos, cara ao anoitecer, cando os labores do campo remataban ata o día seguinte. A carón do lume da fogueira, onde se preparaba a cea adoitaban falar dos aconteceres diarios do lugar ata ben entrada a noite. Entre grolos de viño e cuncas de café con chicoria, xurdían as historias máis recentes e as lendas... a meirande parte delas adornadas de misterio, de pantasmas, de lobishomes, de aparicións, da Santa Compaña, ou das lembranzas da fratricida loita acabada de rematar pero viva nas lembranzas. Os rapaces e rapazas escoitabamos unhas veces con atención, outras con temor. Ben sabiamos que despois nos custaría prender no sono... aínda así ficaron gravadas na nosa memoria. Un día, alá polos catorce ou quince anos, decidín ilas contando nas follas dalgúns cadernos. Levou varios anos a tarefa, xa que non lle dedicaba o tempo suficiente, e ficaron entre durmidas e espertas agardando que algún día as sacase do esquecemento. Como a todo, chegoulle a hora, coa soa intención de revivir aqueles recordos cos meus veciños e veciñas e con quen desexen coller estas follas entre as mans.

Product Details

ISBN-13: 9788468572390
Publisher: Editorial Bubok Publishing
Publication date: 12/05/2022
Sold by: Bookwire
Format: eBook
Pages: 272
File size: 3 MB
Language: Galician

About the Author

David Daniel nace en Arcos de Valdeorras, no verán de 1953. Aos 9 anos séntese arrincado da súa aldea para estudar en Astorga e na Bañeza, pero as raíces xa estaban ben presas e con elas o nostálxico sentimento polo seu berce. Dedícase á mellor profesión que puidese existir, polo menos para el... gracias ao grande esforzo de súa nai e de seu pai estuda maxisterio na capital (Ourense) e percorre varios destinos até asentarse na terra valdeorresa, onde se xubilou hai xa varios anos. Outras publicacións do autor: O ruliño branco (Ed. Vagalume), Orballo da mañá (Baía Ed.), Na Solaina (Baía Ed.), Améndoas e flores silvestres (Baía Ed.), Ninguén nace antetempo (Baía Ed.), Siempre en Agosto (Letras de Autor Ed.), Cafetería Alameda (Ed. Finisterrae), Brian o chinés (Embora Ed.), Amencer en penumbra (Círculo Rojo Ed.)
From the B&N Reads Blog

Customer Reviews